Inicio
Inicio

SINNUM JOB procura impulsar, a través da innovación social, un modelo de aplicación universal para a transición ao emprego de persoas con discapacidades ou en risco de exclusión social


A través dunha batería de accións coherentes e coordinadas buscarase implicar á cidadanía, ao sector público e empresarial do Concello de Santiago, para crear un ecosistema colaborativo público-privado

que asegure o pleno emprego para as persoas discapacitadas e os colectivos en risco de exclusión social. SINNUM JOB fundamenta o seu carácter innovador en tres piares:



Urban Innovative Actions

A Mesa polo Emprego reuniuse esta mañá no Concello de Santiago para abordar diversas cuestións de interese en materia de empregabilidade para este ano 2018. A xuntanza estivo presidida pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e contou coa asistencia de Cámara de Comercio, Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, CCOO, UGT e Asociación Plataforma polo Emprego.